top of page

LIÑA DE TRABALLO DA ASOCIACIÓN

Dinamización Cultural e Social da Vila de Rianxo

Festa de Fin de Ano

    Co obxectivo de proporcionarlle á xente de Rianxo un lugar onde celebrar o ano novo coa súa xente sen ter que coller o coche, a asociación cultural festival Rock in Rian organiza este evento cada ano nunha carpa na praza de Castelao, evento no cal se propón unha variedade musical que atraia a todos os rangos de idade, despedimos o ano con un zumba benéfico onde o obxectivo e recadar xoguetes para os nenos que non poidan telos nestas datas, musica e tradición non faltan.

fin de ano 1.jpg

Entroido Rianxeiro

    Tamén organizamos unha festa de entroido con concurso de disfraces incluído ao cal lle intentamos dar un toque diferencial cada ano para que a xente se anime a participar. No ano 2019 por exemplo, o tema principal do entroido foi o “choqueiro”. Creouse ademais unha lista de Spotify con cancións deste estilo para intentar meterlle ganas á xente de participar sorteos de cestas e agasallos forman parte de este día.

Romería Campestre

    En Maio, unha festa popular na parroquia de Asados que consistiu nun xantar popular con música en directo, xogos populares para pequenos e maiores (torneo de truco, bingo, xogos tradicionais, partido de fútbol de crianzas e solteiros contra casados). Para rematar, pola noite contamos con outra actuación musical.

entroido 1.jpg
MAIOS22.jpg
MAIOS BEN.jpg

Festa de Verán en Tanxil

    Cada Agosto na praia de Tanxil preparamos un día cheo de actividades para desfrutar en familia ou cos amigos. Xunto co Clube de Voleibol Rianxo organizamos un torneo de volei-praia e outro de futbol-praia, nos cales poden participar os máis cativos cunha categoría propia. Este é un día moi agardado na vila pois permite desfrutar da praia, das diferentes actividades que propoñemos, e acabar o día cunha sesión de música, a cal ás veces conta con actuacións en directo e remata con pinchadiscos.

festa praia.jpg

Minijuadalupe

    Para quentar motores de cara as festas da Guadalupe, a tradición obriga a organizar esta festa a semana antes de arrancar a semana grande rianxeira. Esta festa comeza no mediodía cunha sesión vermú con música en directo seguido dun xantar popular na praza de Castelao . Trala comida, propoñemos unha tarde de actividades para todas as idades, que van dende torneos de xogos tradicionais como son o truco e a petanca , ata a versión pequena dos coñecidos xogos do luns de peñas. Para rematar a noite, propuxemos un concurso de dj’s emerxentes, co obxectivo de visibilizar novos talentos neste campo, seguido dun concerto de música en directo. Durante a noite cantamos a rianxeira no campo de arriba e repartimos bengalas a todos os asistentes, facendo o noso “mini-homenaxe” á festa da Guadalupe.

mini.jpg
MINIA.jpg

Rock in Rian

    O esperado día chegou e dende a mañá comezamos as actividades cun roteiro cutural no cal se amosan os lugares históricos do centro rianxeiro e se conta a súa historia. Pola tarde contamos con varias actuacións musicais, que inclúen pasarrúas , pasabares e concertos de rúa itinerantes. Pola noite o festival rematará no “parque de Galiza”.

ROCK.jpg
70262911_2426946297426477_15988451956238
70451247_2426946380759802_21235141613704

Magosto: 

    Realizamos unha romaría popular familiar coa colaboración de Concello e varias asociacións de Rianxo onde preparamos cabazas, facemos traxes, decoración todo isto mentres asamos unhas castañas e chourizos amenizado coa musica tradicional de grupos de gaitas pandereteiras e baile da Vila.

samain.jpg

Peñas

    O día de peñas comeza pola mañá con xogos na rúa para nenos e maiores, dende as 11:30 a xente asistirá á praza de Castelao, na cal se celebran estes xogos tan populares. Ao finalizar os xogos contamos cunha actuación musical na rúa, e máis tarde celébrase o xantar de peñas, para o cal contamos cunha carpa con mesas e sillas e menú para facilitar a comodidade dos asistentes. A tarde amenizase con diversas actuacións musicais.

PEÑAS 2.jpg
PEÑAS3.jpg
peñas1.jpg

Festa de Fin de Curso

    Xa en xuño, para celebrar o fin de curso da xuventude rianxeira, proporcionámoslles unha festa. Para que non fose simplemente unha festa calquera, copiamos o formato das festas de graduación americanas e propuxemos un concurso para nomear rei e raíña do baile pero con toque Galego onde o Rei e a Raiña deben de participar en actividades da cultura galega adiviñar cancións, bailar... cada hora cambiamos o estilo musical

fin de curso.jpg
FINDE.jpg

COLABORACIÓNS

MONOLOGOS.jpg

MONÓLOGOS

PORCO 1.jpg
PORQUIÑO.jpg

PROGRAMA

PILOTO

TVG

O PORQUIÑO

POLO QUE VALE

MERCADO MOUCHO.jpg
CABALGATA.jpg

NOITE MOUCHA

MERCADO NOCTURNO

CABALGATA REIS

bottom of page